Ei, papón, canso de non comerse un rosco nas eleuciós?; expertos na arte de xuntar a maioría asoluta asesórante en práticos pasos para faserte co ppoder no ámbito local, deputacional ou xuntal, que é o que toca agora; votiño a votiño, chéghase ó carguiño!Con toda confianza; temos setenta anos de experiencia.
PROCEDEMENTOS PARA XUNTAR A MAIORÍA
- DEMOCRÁTICOS
Seica consiste en facer debates públicos co resto dos candidatos e confrontar as propostas de cada un, e outras paparuxadas finolis polo estilo.
Pasa de todo tío... Con Franco tuvemos 40 anos de paz e non fixeron falta libertades civiles nin hostias benditas (bueno, si, benditas hostias sí que fixeron falta).
- NON DEMOCRÁTICOS
· venta de favores
É o máis socorrido. Sitúate nalgunha posición de poder ou chiringos relacionados, sexa empresa, asociación ou piriódico. Concede postos de traballo e subvenciós o máis arbitrariamente que podas e fai ver que o fas porque eres moi xeneroso de natural e que así se fará cos cartos públicos que administrarás se gañas as eleciós; cartos polos que, madia leva, che han de dar as ghracias coma se fosen do teu peto e non dos pringaos de galegos e galegas traballadores, caghoendiós. Lembra sempre que tu nunca metiste la mano, que siempre te desviviste por Galicia y te fuiste sen un can.
· engano
Non te cortes: aínda que sexas ti o que anda a perverter a democracia por todas as corredoiras do puto país di que todos son o mismo, que a política é unha merda, acusa a todo quisque de cacique, terxiversa os datos e, por suposto, non te esquezas de calificar de comunismo a todos os males deste mundo. Ynotengonadamasquedicir.
· voto por correo
Hai que ir cos tempos. Os vellos (ós que nós cando gobernamos triunfalmente na Xunta sacamos da miseria, que aínda comían namais que caldo de berza, rediola, hai 20 anos) son cada vez máis vellos e costa levalos á mesa eletoral. No problemo! Solícítalle ti mesmo o voto en Correos e vainos levando en tandas os días da campaña eleutoral (consulta os prazos do voto por correo, non te mi vaias equivocar).
Aproveita as residencias da contorna pa facer manghancha cos direutores dos centros e amañar un bo feixe de votiños, asegurados xa días antes da xornada eleutoral. Ti sabes a tranquilidade que dá eso? (absterse mexericas que pensen na dignidade e lerias desas). Por certo, se gobernas nun Concello podes mandar a traballadores a buscar nos votos en horas de traballo, ¡con toda tranquilidade!
· voto "emighrante"
Un viaxiño pola Argentina y el Uruguay asegura un diputadiño dudoso en Galicia, sempre que estés no poder. [Canto aprenderon algús!] Peron non deixes de viaxar; polo menos, que sea noso un 40% do que veña, que te informen os cónsules.
· carretaxe, versión clásica
Hai que planificalo ben xunto co teu equipazo de colaboradores...
1. Coller as listas do censo e repartir os votantes que ha de traballar cada un (tachade xa os que levastes a Correos, que é traballo inútil levalos outra vez). Se gobernades nalgún concello, podedes usar o edificio consistorial, non pasa nada, dicide que tedes Xunta de Goberno, aínda que sean as 2 da mañá.
2. En cada mesa eleutoral poñederes:
- un interventor;
- un que controle na lista do censo quen falta por votar;
- un encargado do teléfono (aí polas seisemedia chamade ós que non viñeron, que igual se despistaron).
- chóferes a discreción;
- personaxe/s de relevancia social que anden de mesa en mesa con poderío, sen ensinar a acreditación de apoderados.
3. Pagade a xornada ós chóferes, hai que telos contentos. E lembrade ter gasoil abondo...
4. Contade ben os votos e non pasedes nin unha coma das papeletas dos demais. Iso sí, se as vosas teñen algunha gralliña (tachados de nomes, firmas....) indinádevos todos se volas queren anular.
· carretaxe, versión taxi
Líbrate dos paspáns que andan a grabar cas cámaras dixitais e tirar fotos pa colgalas no You-Tube! Contrata un taxi por toda a xornada pa cada mesa eleutoral e afórraslle uns viaxiños ó teu equipo.
· carretaxe, versión máis rastrera se cabe
Se xa mandas no concello, aproveita as empleadas que van limpar as casas dos vellos pa que os vaian buscar o día das eleuciós. Se lle limpan o water, teñen direiro a limparlle o cerebro!
· presión e humillación
Coñeces ghichos cuio posto de traballo dependa de ti ou dos teus compinches? Pedícheslle o voto e tes dudas de que simpaticen algo con outros? Non te cortes: obrígalle a facer ver que votan por ti. Mándalle enseñar a papeleta, ou marcala, ou doblar o sobre ou o que se che ocorra, pero que os demais incautos sepan como as gastas e quen é o jefe/a.
Conclusión...
O oficio adepréndese andando así que, ponte xa a praticar este 1 de marzal, casa por casa.

E tamén se poden facer enxebres actuacións musicais estilo Baltar: aporreando o tambor pola rúas e cantando eso de "si non eres de PP jodete, jodete".
ResponderEliminar